BANDAS


AEROLINEAS FEDERALES

   A banda nace en Decembro do ano 1981 , como o proxecto paralelo de Miguel Costas(membro fundador de Siniestro Total). A formación inicial estaría composta por Miguel Costas (voz e guitarra),Juan Dotras "Flechi"(caixa de ritrmos) e Silvino Díez ao baixo. 


Dous anos despois, Flechi pasaría a ocuparse da voz e Luís Santamarina incorporase na banda á batería. Ese mesmo ano, gañan o II Concurso de Rock Municipio de La Coruña.
Pouco despois Flechi deixaría a banda, sumandose ao grupo Coral Alonso e Rosa Costas.
   No 1986 grabarían para Dro, o primeiro traballo, Aereolineas Federales, do que Enrique Martinez foi o productor, e do que se venderon 25.000 copias.
Os seguintes anos, irían a disco por ano,Hop Hop en 1987, Tomando Tierra en 1988 e Échame Sifón en 1989. Todos seguirían o patrón marcado no primeiro traballo,  música e letras sinxelas e pegadizas,pop-punk con bases electrónicas.
   Despois de "Échame Sifón", Coral abandonaba a banda por diferencias internas. O seu lugar o ocuparía Sivia García(posteriormente coñecida como Silvia Superstar). Por outro lado, Miguel Costas deixará de aparecer nos directos, e os trocos de formación, serían tamén, numerosos.
   En 1991, editado por RCA, publican o quinto traballo, "Una o ninguna", no que xá non participan de ningún xeito, Costas e Coral, dous dos pilares da banda ata ese intre.

   


A mediados dos 90, Areolineas poñería punto e final a súa andaina cunhas colaboracións en forma de temas, no programa da TVG, Xabarín Club. Eses temas, foron escollidos polo porpio grupo, dunha maqueta que contiña os temas do sexto traballo que nunca chgou a publicarse.
En Maio do 2012 , rexurdían da nada,para tocar en Lima e Barcelona. E xá no 2012 publicaron "Hasta el final y mas allá....Demos 1983-1993" con Elefant Records presentandoo en Madrid, Vigo e Copmpostela, ademais de participar en diferentes festivais.













QUEMPALLOU

Logo de 15 anos de traxectoria musical, que deron o seu froito discográfico en catro CDs orixinais, Quempallou presenta a súa nova produción dun xeito innovador e diferente. Trátase de achegarse ao público a través das novas tecnoloxías dun xeito máis achegado e interactivo, aproveitando os novos recursos que ofrece a rede, para ir avanzando aos seareiros e seareiras as novas cancións que compoñerán este quinto disco. 



Aínda que o grupo aposta por unha nova maneira de ofrecer a súa música, non pensan en abandonar o formato tradicional de disco. Editarán o traballo en formato físico unha vez estean rematadas as catro entregas dixitais, ou Quarteiróns (con Q de Quempallou). Do mesmo xeito, esta futura publicación en CD incluirá novas revisións dos temas, pois outra das ideas novidosas é plasmar a evolución das composicións logo dun tempo de interpretación en directo.

Cada un dos catro Quarteiróns incluirá 3 temas orixinais, sendo os correspondentes á primeira entrega "A Maturrangaina", "Fandango da Lagarteira" e "Folión e Sega". No tema "Fandango da Lagarteira", toman protagonismo as cordas e mais a colaboración do compañeiro anglo-galego, e virtuoso violinista Harry Price. Os outros dous cortes están baseados en tres temas tradicionais do oriente galego: o Folión do Entroido de Manzaneda; un cantar da sega do Canizo (A Gudiña); e máis o cantar da Maturrangaina, nunha versión recollida no Caurel.












NÚCLEO TERCO

   Núcleo Terco é un grupo de musica Oi!, ou como eles o denominan, "rock proletario". A temática das súas cancións está moi influenciada polo comunismo, a Unión Soviética e as súas victorias militares, maioritariamente na Segunda Guerra Mundial sobre os exércitos nazis.




O seu primeiro disco data de 2002 e chamase  "Directo desde La Lavandería", grabado en directo nun centro social do barrio de Vallecas, en Madrid. O segundo disco editouse tamén en 2002 co nome de "Stalingrado 1943", a continuación vi "ríaAbriendo Fuego", publicado en outubre do 2003. En marzo de 2008 saía á venta o cuarto disco da banda, titulado "La Comisión de la Estaca". A finais do ano 2012, publican dous temas soltos: "Comité de sangre de Vallekas" e "Leningrad rockers". Finalmente, en agosto de 2014 editaban o quinto e  último disco, titulado "Terco".

https://es-es.facebook.com/NucleoTercoMadrid







ÅNIMA 

   ÅNIMA é unha banda de Rock Alternativo/progresivo que nace no ano 2010. Tras 3 anos n o local de ensao, graban o seu primeiro disco "Tresmilonce" e se presentan en directo no Aversion Fest. Durante o 2013 pasan polo Resurrection Fest (Viveiro) ou o FIRC (Def con Dos...). Tras gañar prácticamente todolos concursos aos que se presentan, ao longo do 2014 pasaron polo Mareira Fest (Minor Empires, Willys Drummond...), Nordestazo (Los Enemigos, Barón Rojo...), Noroeste poprock (Madness..), ou Sada Rock (xunto a Los Suaves)... Esgotaron todalas copias editadas do seu primeiro disco (cunha gran crítica e acollida), e continúan pechando datas para este 2015.

    ÅNIMA, nace como unha banda de rock sen complexos, imposicións, ni pretensións de encaixar nun estilo concreto, co único obxetivo de definir un formato personal e directo. Tras case dous años dedicados a composición, editan o o seu primeiro traballo de estudio, TRESMILONCE, unha carta de presentación cargada de adrenalina e bagoas, plasmadas nuns textos cheos de crudeza e sinceridade.

 ÅNIMA son… Dabe:Bateria, Dani Duro: Guitarra, MA: Bajo /Coros, Rolo: Voz / Guitarra.

https://www.facebook.com/Anima3011







XENDERAL

   Xenderal tamén coñecido como Gendebeat apareceu en Cerceda tamén coñecida como A Cochikeira
dando berros a golpe de micro e denunciando coa lírica todo aquelo que veu da man dos fumes e dos cheirumes.
   Algo pasou sempre por esas terras que se fixo audible nas rimas de diferentes grupos que alí naceron.
  
   Dende sempre soupo que non era necesario darlle a volta á lingua para dicir o que quixera dicir e da maneira
que máis lle gustaba dicilo: co rap e co reggae. A lingua é o rabo da cabeza, é a prolongación dos pensamentos,
é a ferramenta que usa para soltar rimas en galego e algún que outro son extrano, tamén chamado beatbox.  

   Xenderal son letras cargadas de lírica xamaicana entremezcladas cun estilo propio de raiba galega.
Cuspe letra contundente e ao mesmo tempo retranqueira que non deixa indiferente a ninguén.



https://es-es.facebook.com/carlos.gendeprego







FANFARRIA TAQUIKARDIA






       A Fanfarria Taquikardia é o inesperada que todos esperan. A esta banda gústalle dicir que son das Rías Baixas, como o albariño e o marisco. Formada actualmente por 11 compoñentes de vento metal, madeira, violín e percusión ten a súa orixe nun proxecto común de músicos de varias formacións, tanto en estilo como en procedencia.








As ouvellas neghras das bandas de música, grupos tradicionais populares e agrupacións rockeiras que un bo día confluiron xuntos nun proxecto que atopa nas melodías do centro-leste da vella europa unha maneira diferente de achegar a música á xente. Sen enchufes, sen amplificadores, esta Fanfarria arráncase onde fagha flauta, xa sexa no torreiro, nun local ou na feira, a súa autonomía de funcionamento depende da súa forma física e da cantidade de licorkafé existente no evento. Taquikardia é o ritmo festeiro que lle transmiten ó público cos seus particulares arranxos de balkan ou klezmer e a alegría de misturar a música do leste coa marca da súa Galiza. Un directo para non parar de bailar e desfrutar.


https://www.facebook.com/fanfarria.taqukardia?fref=ts







DEMENCIA SONORA






"DEMENCIA SONORA:
Grupo formado en Freixo coa finalidade de triunfar en Eurovision,
Co voso apoio o conseguiremos!! Graciñas."





https://www.facebook.com/demencia.sonora?fref=ts







A.P.I.S.A.


 

Banda formada en Salceda hai máis de catro anos,  e integrada por Negro da Lavandeira, Croket da Mariña, Mirito da Fontedapedra e Pisquiño da Esfarrapada. Ás súas influencias son:La Polla Records, Gatillazo, Siniestro Total, Manolo KabezaBolo, Cicatriz, Kortatu,... ... ... ... e tamén Slayer e Vetusta Morla.





https://www.facebook.com/pages/APISA/230428140342541?sk=timeline




No hay comentarios:

Publicar un comentario